Os parados xóvens poderán cobrar nun único pagamentno até o 80% da súa prestazón por desemprego se o invisten nun negocio próprio.
EFE - Madrid - 20/08/2009 09:37
Iste xoves entran en vigor as medidas aprobadas polo Governo Central para axudar aos traballadores autónomos a enfrontar a crise, entre as que cómpre destacar a posibilidade de que os empregados xóvens poidan cobrar nun pagamento único até o 80% da súa prestazón por desemprego se o invisten nun negocio próprio.
As devanditas medidas, aprobadas polo Consello de Ministros o pasado 31 de xullo, foron publicadas no BOE do día 19 de agosto.
A partiren diste xoves os xóvens desempregados menores de 30 anos ou 35 anos no caso das mulleres, poderán cobrar nun pagamento único o 80% da prestazón por desemprego coa condición de que o invistan na creación do seu próprio negocio.
Até o de agora, o pagamento único víase mermado ao 60% da prestazón, e podía seren solicitado por calquera persoa sen ter en conta a súa idade.
Outra das novidades que beneficiarán ao colectivo de traballadores autónomos, consiste na eliminación da limitación de até dous anos que tiñan os asalariados para poderen obtar a seren socios traballadores das cooperativas e das sociedades laborais.
Ámbalas dúas medidas estarán vixentes até o 31 de dezembro do ano 2010, coa posibilidade de seren prorrogadas en función da súa eficacia para crearen emprego e da avaliación que delas fagan os axentes sociais.
Ámbalas dúas medidas estarán vixentes até o 31 de dezembro do ano 2010, coa posibilidade de seren prorrogadas en función da súa eficacia para crearen emprego e da avaliación que delas fagan os axentes sociais.
Pola contra, a creación dunha bonificación do 50% das cotas que os autónomos teñan que pagar á Seguridade Social polo contrato fixo do seu primeiro traballador ou traballadora á Seguridade Social asalariado durante os dous primeiros anos, estará en vigor soamente até o 31 de dezembro vindeiro.
A bonificación das devanditas cotas, que serán financiadas cos fondos do Servizo Público de Emprego Estatal, será válida sempre e cando o autónomo que o contrate non tivera empregados a traballadores ou traballadoras asalariados durante os tres meses anteriores a ista contratación.
Se a contratación d@ traballador@ dera lugar ao aplicamento doutras bonificacións soamentes poderá aplicarse a unha delas.
Ademais, no Regulamento polo que se aproban istas reformas anúnciase que se cancelarán as débedas contrídas por cooperativas e sociedades laborais co Fondo de Garantía Salarial (FOGASA) coma consecuencia da crise da década do 1980. O cancelamento das débedas cumprirase sempre e cando a sociedade non perdera a súa calificación de laboral nun prazo de quince anos a contar dende a súa creación.
No mesmo regulamento estabelécese un coheficiente multiplicador de 1,25 pra determiñar os días que corresponde aboar da duración das prestazóns por desemprego nos supostos recoñecidos da suspensión temporal do contrato.
Ista regra cumprirase agás no caso de que a suspensión afecte a cinco ou seis días laborábeis, e niste caso aboaránse e consumiranse sete días.
Nenhum comentário:
Postar um comentário